Casas en 2021? Pois parabéns, acabas de chegar ao post axeitado porque celebrar unha voda segura en pandemia é factible. Pese ao COVID-19, no Hotel Scala imos dar uns consellos para facercho máis fácil, pois está claro que, se estivemos preparados o ano pasado, este estámolo aínda máis.
Presta atención!
A estas alturas todos sabemos as medidas de seguridade e hixiene, pero para celebrar unha voda, que se trata dun evento para gozar coa familia e amigos, debemos profundar, así que, fagámolo xuntos:
Uso obrigatorio da máscara cando non se estea comendo nin bebendo.
Isto é algo que xa está claro, pero imos dar un paso máis. Propoñémosche personalizar un “ Pack anti-Covid-19” cunha máscara que garanta que os invitados a poidan cambiar pasadas as horas ou por previr. Tamén podemos engadir un pequeno xel hidroalcohólico para cada un e así ter unha maior seguridade na voda. Ocórreseche algo máis?
Escolle un lugar no que os teus invitados se sintan cómodos
O comedor debe ser grande e permitir separacións entre invitados para maior seguridade. O salón acristalado de Pazo Arretén é un espazo moi amplo para iso. O importante é que os invitados sentan cómodos e seguros e nós levamos anos sendo elixidos para celebrar vodas incribles.
Agora coa pandemia da covid-19 podemos asegurarvos distancias e, sobre todo, un exterior fantástico onde pasar un anaco se o tempo o permite. Pois Arretén está nunha leira con varias hectáreas de viñedo e rodeada de natureza. Que máis se pode pedir?
Elixe un persoal no que confíes para celebrar a túa voda
Para que todo salga redondo, tamén nestes tempos, é importante contar con persoal con experiencia. No Hotel Scala levamos máis de 30 anos organizando vodas e eventos, e acompañarémoste en todo o proceso para que o teu gran día, ademais de totalmente seguro para ti e os teus, sexa inesquecible.
Co que acabas de ler e un pouco de axuda para organizar a túa voda, non temos dúbidas de que será un día especial e seguro para todos. Chámanos ao 981 811 312 e infórmache connosco!