Os festivais son xa un imprescindible no verán galego, e pese a que este vai chegando ao seu fin, aínda quedan moitos nos que divertirse. Hoxe queremos compartir convosco 2 festivais que, a menos dunha hora de Padrón, son perfectos para despedir o verán. Quédaste a lernos?
Os días 25 e 26 de agosto celébrase en Vilar de Mato, Cuntis, unha nova edición do festival Revolta do Umia. Este ano, no seu cartel destaca a aparición de artistas como Eladio y Los Seres Queridos, Ortiga, Fillas de Cassandra ou Monoulious Dop.
Entre os encantos deste enxebre festival, situado a uns 40 minutos do Hotel Scala, están os pasacalles, os obradoiros, a cata sonora, a sesión vermú do domingo, a comida popular e moitas outras actividades que se poderán gozar no recinto.
En canto ás entradas, o abono ten un prezo que vai desde 15€ máis gastos de xestión para adultos (entrada gratuíta para menores de 16 anos), aínda que tamén se poderá adquirir por días soltos. Para participar nalgunha das actividades haberá que ter entrada, que se poderá adquirir na mesma páxina de maneira gratuíta.
Os días 15 e 16 de setembro, en Vilaboa, Pontevedra, celebrarase a V edición do Canteira Fest. Neste festival a media hora de Padrón, vemos grandes talentos galegos que poñerán a banda sonora perfecta á segunda fin de semana de setembro.
Ses, Cuarta Xusta, Fillas de Cassandra ou Terbutalina son algúns dos coñecidos grupos que forman parte do seu cartel. Ademais de música en galego, este festival feminista conta cunha zona gastronómica e con diferentes postos de artesanía.
As entradas levan á venda desde o pasado mes de xuño, con prezos que van desde 17€ para os adultos, pois os menores de 12 anos poderán acceder ao recinto de maneira gratuíta. O festival tamén pon ao dispor dos asistentes a opción de comprar un xantar por 7€.
Despide o verán gozando destes dous carteis a menos dunha hora do noso Hotel Scala. Só tes que facer a túa reserva connosco!