O Restaurante Asador O'Pazo, establecemento pertencente ao Grupo Hotel Scala en Padrón, acaba de recibir o Certificado de Excelencia de TripAdvisor grazas a moitas valoracións moi positivas que recibimos cada semana dos nosos clientes. Non podemos deixar pasar a oportunidade de darvos a todos unhas enorme GRAZAS por apoiarnos todo este tempo, en todo o camiño que percorremos para chegar ata aquí. Sen vós, nada valería a pena.
Desde o noso blogue tamén queremos dar as grazas ao noso chef Óscar Vidal. El é responsable directo do éxito do noso asador. A súa creatividade, profesionalidade e talento seleccionando as mellores materias primas e buscando receitas orixinais, sempre respectando a tradición culinaria local, lograron que nos valoredes como excelentes. Ben merecido é o premio que acaba de recibir por parte de Radio Turismo: "Premio Nacional de Gastronomía 2016 Prato de Ouro".
Por suposto, sen o noso equipo de sala, tampouco nada sería posible. A seriedade, o seu sorriso permanente e un exquisito trato ao cliente, son marca da casa. Unha honra compartir o día a día con eles. Moitas veces a diferenza márcana pequenos detalles, eses por os que nos preocupamos tanto, e é o total da experiencia dos nosos comensais o que nos anima a mellorar.
Son momentos doces para nós, pero non nos conformamos, por iso gustaríanos que deixásedes máis comentarios en TripAdvisor. Tamén críticas se algunha vez fallámosvos. Podedes facelo directamente aquí.
Esforzarémonos máis de fronte ao futuro. Seguiremos preparando xornadas gastronómicas, catas e eventos especiais para conseguir que apostes por nós nas ocasións especiais. Óscar Vidal, sempre disposto a innovar e probar cousas novas, xa está a preparar novas propostas. A nosa ampla adega de viños e destilados e unha moi especial cava de puros. O noso equipo xa está listo para atenderche e facer que pases unha agradable experiencia na nosa sala.
Anímasche? Ven e non che decepcionaremos!